A UNESCO recoñece Ponte... nas ondas! como organismo consultivo

A entidade galega poderá asesorar o organismo en temas de patrimonio inmatrial

11/12/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniosociedade
40 lecturas | Compartido 0 veces

O Comité Intergobernamental para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial da UNESCO acaba de celebrar en Windohek, Namibia, o seu décimo encontro. No mesmo, para alén de incorporar novas propostas á lista de bens do patrimonio cultural inmaterial da humanidade, acordou entre outras cuestións outorgarlle a unha serie de organizacións non gubernamentais o papel de entidades consultivas antes a UNESCO. Entre estas, por vez primeira, está presente un colectivo galego. Ponte... nas ondas!, que promoveu a candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ante o organismo internacional poderá excercer "as función consultivas que o Comité Intergobernamental da UNESCO lle solicite, referidas a expedientes presentados para inscribir elementos na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial". Isto inclúe "programas, proxectos e actividades relacionados co artigo 18 da Convención e no impacto dos plans de salvagarda dos elementos inscritos na Lista de Salvagarda urxente", segundo sinala a asociación.

O comité valorou o expediente da entidades galega e considerou que cumpría uns requisitos que inclúen "ter probada competencia, coñecementos especializados e experiencia na salvagarda do patrimonio inmaterial". A decisión do Comité deberá ser ratificada pola Asemblea Xeral da UNESCO no vindeiro mes de xuño de 2016.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Portugués

Claves

Entidades
Conceptos