A XVII Conferencia Intergobernamental da UNESCO inscribÃa na tarde deste 1 de decembro o proxecto Ponte... nas ondas! no Rexistro de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial desta organización. O encontro, que se desenvolve en Rabat, Marrocos, recoñece asà por vez primeira unha proposta conxunta de Galicia e Portugal como modelo do traballo con este tipo de bens.
Segundo destacou nesta xuntanza o presidente do comité de evaluación "esta candidatura representa un expediente ben preparado e ben redactado" que "recalca a participación das comunidades, os grupos e os individuos na salvagarda dun patrimonio cultural compartido que pode atoparse nas dúas bandas da fronteira". Segundo salientou Santiago Veloso, representante de Ponte... nas Ondas! no encontro, co proxecto "demos voz á mocidade e ás comunidades de portadores das dúas bandas da fronteira a empregar ese patrimonio común". Anunciou ademais "a nosa disposición a difundir este modelo" desde a UNESCO, e pediulle "a España e Portugal que integren o mesmo nos seus centros educativos".
O informe favorable do comité avaliador que deu pé á inscrición destaca que "o enfoque do proxecto fomenta o diálogo e o intercambio entre as comunidades e favorece a paz e a cooperación entre sociedades de diferentes paÃses", asà como a implicación da mocidade na transmisión das súas tradicións nas escolas, coa colaboración do profesorado e de persoas portadoras destes bens nas aulas para compartir as súas experiencias. Segundo este ditame "como experiencia transfronteiriza, o modelo PNO! pode reproducirse para reforzar o diálogo entre xeracións e a transmisión do patrimonio cultural inmaterial a través das fronteiras".
Entre os méritos tidos en conta destaca a diversidade de accións, actividades e esforzos realizados polo proxecto ao longo da súa dilatada traxectoria, de 27 anos, e o elevado número de persoas involucradas. Canda a isto, destaca a importancia do uso das tecnoloxÃas da información e a comunicación e especialmente dos recursos radiofónicos para "transmitir, promover e valorizar" o patrimonio cultural inmaterial compartido.
No documento sublÃñase tamén a capacidade do proxecto para sensibilizar sobre a importancia do patrimonio cultural inmaterial dun xeito que "implica esforzos educativos que promoven o desenvolvemento social inclusivo, o entendemento intercultural e a igualdade de xénero" de xeito acorde aos principios e obxectivos da propia UNESCO.
A proposta galega e portuguesa conseguira un importante apoio dos gobernos galego, español e portugués, asà como de diferentes persoeiros e colectivos das dúas bandas do miño.
VÃdeos de presentación do proxecto Ponte... nas Ondas! ante a UNESCO