A técnica da pedra en seco pasa a formar parte da lista do patrimonio inmaterial da UNESCO

É unha proposta internacional na que tamén está incluída Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Valado feito coa técnica da pedra en seco. Foto: Xunta de Galicia

Valado feito coa técnica da pedra en seco. Foto: Xunta de Galicia

A UNESCO vén de incluír a técnica construtiva da pedra seca como parte da súa lista de patrimonio inmaterial mundial. Foi unha candidatura de oito países europeos liderada por Grecia e Chipre e na que tamén participa España,co con oito comunidades autónomas: Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Estremadura, Cataluña e Valencia e Galicia. A decisión foi tomada na XIII reunión anual do Comité intergobernamental de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial. Os países que presentaron a candidatura comprométense a executar "medidas de salvagarda para que as comunidades locais poidan ter as condicións para o seu mantemento e difusión", segundo informa a Xunta de Galicia.

A pedra seca é unha técnica de construción tradicional que prescinde de calquera argamasa ou morteiro. Muros, peches e construcións adxectivas para diferentes usos agrarios e gandeiros como alvarizas, neveiras, pombais, hórreos, pendellos, foxos do lobo ou muíños contribúen a definir e representar a estrutura da propiedade ou explotación do territorio.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Xunta de Galicia, Estremadura, Aragón...