Ponte... nas ondas! opta ao Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda da UNESCO

Os gobernos español e portugués acordaron presentar a candidatura da iniciativa patrimonial transfronteiriza

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:
Ponte... nas ondas! opta ao Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda da UNESCO

Os embaixadores de España e Portugal ante a UNESCO, António Nóvoa e Juan Andrés Perelló Rodríguez, asinaban este 25 de marzo o acordo para presentar de xeito conxunto a candidatura de Ponte... nas Ondas! ao Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda da UNESCO, na categoría de Patrimonio Cultural Inmaterial. O organismo internacional iniciará agora o proceso de valoración desta candidatura e está previsto que emita o seu ditame o vindeiro mes de novembro de 2022.

A candidatura coincide cos 25 anos da proposta de radio escolar transfronteiriza e conta co apoio da Xunta de Galicia. O rexistro da UNESCO recoñece iniciativas de defensa do patrimonio que considera de interese para ser consolidadas e expandidas.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Portugués, Portugal, Xunta de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares