Ponte... nas ondas reclama outra oportunidade para o patrimonio inmaterial común

A candidatura galego-portuguesa fora descartada pola UNESCO en 2005

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A pasada semana, a UNESCO incribía novos bens na lista de Patrimonio Inmaterial da Humanidade. A coincidir con este feito, a Asociación Ponte... nas ondas publicaba onte un comunicado no que denuncia a parálise da candidatura do Patrimonio Inmaterial Común Galego-Portugués, que se lle presentara a esta institución en 2005. Logo de que a institución internacional recomendase realizar mudanzas na candidatura, a iniciativa voltou buscar o apoio dos poderes públicos para se apresentar doutra volta en 2008. Segundo denuncia Ponte... nas ondas, a proposta non conseguiu apoios públicos nin en Galicia, nin en España nin en Portugal e está paralizada desde entón. O colectivo reclama agora unha reactivación desta candidatura, que ao seu ver conta con méritos sobrados para conseguir o recoñecemento internacional.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Portugués, Portugal

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares