Isabel Dobarro gana un Grammy Latino ao mellor álbum de música clásica

Os premios entregáronse en Las Vegas

15/11/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A pianista compostelá Isabel Dobarro fíxose cun Grammy Latino ao mellor álbum de música clásica polo seu traballo Kaleidoscope, do selo Grand Piano / Naxos e editado por 1/2 Tono. Segundo a editora, "Isabel Dobarro propón un percorrido pola creación pianística contemporánea feminina desde unha perspectiva global, reunindo doce compositoras cuxas estéticas transitan entre a tradición y a experimentación". Entre estas compositoras, atópanse Dobrinka Tabakova, Gabriela Ortiz, Nkeiru Okoye, Suad Bushnaq, Yoko Kanno ou Tania León. O disco foi producido polo recoñecido produtor Javier Monteverde. O disco pecha con Alalá das paisaxes verticais de Carme Rodríguez, escrita para a propia Dobarro. "Máis que epílogo é un regreso á identidade. Nesta evocación galega Dobarro artella tradición e modernidade cun son de fondura expresiva".

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, León

Claves

Conceptos
Lugares