Un estudante baséase no mando da Wii para deseñar unha luva para controlar o ordenador

Esta mañá entregáronse os Premios Galicia Innovación Júnior

25/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
22 lecturas | Compartido 0 veces
A Pablo Dobarro, un estudante do IES Rosalía de Castro, gústalle xogar á Wii de Nintendo. E esa afección acáballe de valer un premio. Dobarro estivo mirando como funcionaba o mando para deseñar unha luva que permitira controlar os ordenadores cos movementos dunha man. A Xunta acaba de recoñecer o seu traballo co primeiro Premios Galicia Innovación Júnior, na categoría de 12 a 15 anos. Canda el, Laura Naveiras e Sara Mera, foron as gañadoras doutro primeiro premio, o da categoría de 16 a 18 anos. Estas rapazas do IEAS Agra do Orzán da Coruña deseñaron unha boia con sinais luminosas e sonoras. Todos os gañadores recolleron hoxe os seus premios.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas