Un coruñés gaña o Premio Galicia Innovación Júnior por deseñar un termobiberón

Xenios pequenos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Xa se saben os gañadores da III edición dos Premios Galicia Innovación Júnior. O premio na categoría de 12 a 15 anos foi para o coruñés José Ramón Núñez por un termobiberón, un frasco de vidro que permite coñecer a temperatura exacta do leite grazas a un adhesivo que cambia de cor en función do calor. O vencedor na categoría de 16 a 18 anos foi o ourensá Iván Míguez que deseñou un sistema para o control automático do tráfico nas glorietas. O primeiro recibirá un ordenador portátil e unha cámara de fotografía dixital, mentres que o segundo recibirá un portátil e un PDA. Os premios entregaranse no transcurso da feira de inventos “Imaxinaria” que se desenvolverá no mes de maio en Vilagarcía.

Consulta os inventos e a listaxe de finalistas no web da Xunta

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Núñez, Fotografía, Feira, Vilagarcía

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares