Unha reportaxe sobre a nanotecnoloxía de Raúl Romar e outro sobre o software libre de Roberto Noguerol fixéronse ex aequo co IV Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación. Canda a este, a consellaría de Indsutria deu a coñecer os gañadores do premio Galicia Innovación Junior, que recoñeceu o sistema antigorgolexos que inventou Efrén López Ferreiro na categoría de doce a quince anos. Por outra banda, entre os participantes que tiñan ata dezaoito anos levou o primeiro premio o sistema de guiado para conducotres con discapacidade auditivas que creou Alejandro Rivero de Aguilar.
Máis información no web Galicia Innovación