Vilagarcía acolle unha exposición na que galegos e portugueses exhiben os seus inventos

A exposición dos xenios

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:
¿Imaxinas que podes cortar xamón coa certeza de que non te vas cortar? ¿ou un tapón que serve para todas as botellas? ¿un tendal no que se colga a roupa pero que non precisas pinzas? Inventos coma estes exhíbense estes días en Vilagarcía dentro do “Salón Imaxinaria”. Unha cita na que os inventores, tanto a título individual como dentro dos departamentos de I+D das universidades e das empresas de España e Portugal dan a coñecer os froitos da súa imaxinación e as súas pescudas. No marco deste Salón a Consellaría de Industria entregou os premios aos novos investigadores.

Máis información sobre o Salón en La Voz de Galicia e El Correo Gallego; e sobre os gañadores dos Premios de Innovación Galicia Júnior na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilagarcía, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Culturagalega...