Compostela serve este ano de punto de partida para a V edición do Salón do Libro Galego, co que os editores do paÃs queren amosar a boa saúde do sector e conxurar a tan comentada crise. Sesións de sinaturas, recitais, actividades para os máis pequenos, a edición dun CD e por suposto descontos, son algunhas das armas coas que os organizadores agardan convencer o público. Logo do dÃa dezaseis de marzo, o Salón trasladarase a Lugo, Vigo, Pontevedra, A Coruña e Ourense.
Máis información en El Correo Gallego e La Voz de Galicia; sobre a anterior edición e o
III Salón en culturagalega.org