Un premio de teatro para Manuel Lourenzo onda galardóns de lingua e de deseño centran a actualidade cultural

Premios no tempo das castañas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A cuarta edición do premio Maruxa Villanueva de interpretación teatral foi esta fin de semana para Manuel Lourenzo en recoñecemento á súa carreira teatral e ao seu traballo no monólogo “Liturxia de Tebas”. Mentres, coñecíanse tamén os gañadores dos premios San Martiño ao compromiso co galego que organiza o concello da Estrada. Edicións Fervenza, o Sporting Estrada, a cadea de tendas San Luís e o arquitecto Manuel Caamaño foron os galardoados nesta ocasión. Finalmente, rematou tamén estes días na Coruña o primeiro congreso ÑH de deseño xornalístico, que entregou os seus premios aos medios mellor deseñados de España e de Portugal sen que houbese ningún xornal galego entre os seleccionados.

Máis información sobre o premio Maruxa Villanueva en Galicia Hoxe; sobre os premios San Martiño en El Correo Gallego; sobre o congreso ÑH en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Lourenzo, Maruxa Villanueva, San Martiño, Teatro...