Ferrol recupera a memoria de Guerra da Cal e de Andrés Dobarro

Falando de Andrés e de Ernesto

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Ferrol acolleu onte dous encontros para lembrar, homenaxear e dar a coñecer o seu legado. Por unha banda no Centro Torrente Ballester falouse de Ernesto Guerra da Cal, coincidindo co décimo aniversario da súa morte. E na Galería Sargadelos amigos e admiradores de Andrés Dobarro quixeron desempoar a memoria de quen foi número un de vendas entre finais dos sesenta e principios dos setenta. Por iso van editar un disco recompilatorio das cancións coas que arrasou nos setenta cantando en galego e un documental de Anxo Fernández achegarase á súa historia.

Máis información sobre a homenaxe a Andrés Dobarro e a Guerra da Cal en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra, Documental, Morte, Galería...