O escritor madrileño Andrés Barba faise co premio Torrente Ballester por “Versiones de Teresa”

Versións para o Torrente

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A XVII edición do premio Torrente Ballester de narrativa foi para “Versiones de Teresa”, unha novela en castelán escrita polo madrileño Andrés Barba. O gañador fíxose cos 25.000 euros de premio ao ser a súa obra elixida entre 467 obras, das que unicamente vinte e catro estaban escritas en galego. O certame, que acepta indistintamente obras nos dous idiomas, contou con participantes que se achegaron fundamentalmente de países de fala hispana, aínda que tamén contou con obras chegadas de Irlanda, Alemaña, Francia, Portugal, Brasil, Canadá ou Israel, entre outros lugares.

Máis información en La Voz de Galicia en Diario de Ferrol e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, Canadá...