Encarna Alonso recibirá o Premio de Honra Fernando Rey

A veterana script verá recoñecido o seu traballo e a súa pertenza a unha xeración de técnicas pioneira

  • A Academia Galega do Audiovisual ven de comunicar que a persoa que recibirá o Premio de Honra Fernando Rey desta XXIIIª edición dos Premios Mestre Mateo será a script Encarna Alonso. Desde a academia recoñecen a importancia do seu labor para as ...

As Residencias Paraíso perden orzamento na súa IX edición

O programa apoiará 8 proxectos coreográficos cun total de 20.000 euros

  • Ata o vindeiro 7 de marzo está aberto o prazo para presentar propostas á IX edición das Residencias Paraíso. O colectivo RPM convoca o programa de residencias artísticas para a danza e as artes vivas cun orzamento total de 20.000 euros, 2.000 eu...

Xerais lanza novos títulos a conmemorar o Día das Letras das Cantareiras

Dous volumes para público infantil e xuvenil e dous para público adulto son os últimos lanzamentos

  • O Día das Letras dedicado ás cantareiras está a ter un importante reflexo editorial neste comezo do ano. Edicións Xerais recolle no seu web catro novos lanzamentos arredor da data, que sumado á biografía Cantareiras suma cinco publicacións sob...

As Clásicas Desfeitas revisan a Shakespeare e Eurípides

Evaristo Calvo métese no Ricardo III na montaxe de Excéntricas coa que se inicia unha nova edición do ciclo

  • 'Mala vida e pior morte do rei Ricardo III' é o título da peza que compón o volume XII das Clásicas desfeitas, o ciclo de revisións de pezas de teatro en versión curta promovido polo Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura. Esta peza che...

Denuncian a desaparición de importantes pezas románicas do mosteiro de san Salvador de Chantada

O historiador Xosé Méndez puido acceder ao recinto despois de trinta anos

  • O historiador Xosé Méndez denuncia o espolio do antigo convento de San Salvador de Chantada, un edificio histórico fundado no século XVI e hoxe en estado de abandono. Durante décadas, o acceso ao seu interior estivo restrinxido, mais agora Ménd...

Explorar os lugares das cantigas

Dous novos proxectos amosan os topónimos presentes nas cantigas medievais de carácter profano

  • O coñecemento que podemos obter das cantigas da lírica medieval galego-portuguesa cada vez é maior. O Centro Ramón Piñeiro suma novos contidos neste sentido a continuar a análise sistemática mediante bases de datos deste corpus literario. O pr...

Tres galerías santiaguesas renovan a oferta expositiva

Lara Pintos en Dupla, Lúa Gándara e Sebas Anxo en Metro e Leo Wellmar en Luísa Pita ofrecen un percorrido variado de arte contemporánea

  • Nunha xornada de inauguracións simultáneas tres galerías santiaguesas de arte contemporánea abriron o pasado venres as súas exposicións amosando obras de tres artistas galegas e unha sueca. A coincidencia provocou un deambular dos moitos afecci...

A Xunta presenta o web da candidatura da Ribeira Sacra á UNESCO

A proposta reivindica un patrimonio hidráulico que vai desde a arquitectura tradicional aos encoros

  • Desde este 10 de febreiro está dispoñible o web da candidatura pola que a Ribeira Sacra aspira a ser declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. A Xunta permite consultar neste espazo divulgativo "os límites do territorio proposto para o máxi...

Un retrato da institución malferida

O CCG presenta as actas dos congresos que organizou sobre o SEG

  • O Consello da Cultura Galega presentou hoxe á mañá o volume Saber de Nós. O Seminario de Estudos Galegos , da man de Rosario Álvarez, presidenta da institución e os dous editores do libro, Henrique Monteagudo e Ramón Villares. Trátase de mái...

Falece Xosé Vizoso, protagonista do Día da Ilustración 2025

O que fora durante anos o principal deseñador Sargadelos deixa unha ampla obra en diferentes ámbitos

  • Na madrugada deste domingo 9 de febreiro falecía na súa casa de Brión Xosé Vizoso. O que fora cabeza do equipo de deseño de Sargadelos durante anos e autor de moitas das pezas máis coñecidas da firma, tiña 75 anos e arrastraba desde hai tempo...

Quiosco: Raigame 51

O fotógrafo José Suárez e o gaiteiro Avelino Cachafeiro teñen un especial protagonismo na nova entrega da revista de cultura popular

  • A sede da Deputación de Ourense acollía este 2 de febreiro a presentación do número 51 da revista Raigame. Revista de arte, cultura e tradicións populares . A publicación que realiza o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo co apoio da Deput...

A renovación do web da deputación de Ourense permite acceder ás súas publicacións

A nova páxina facilita o acceso e a compra das obras e tamén inclúe un lector do BOP.

  • A Deputación de Ourense ven de presentar unha profunda actualización da súa páxina web institucional proporcionando novos recursos de acceso aos seus contidos. Por unha banda, a mellora permite o acceso ao catálogo do Servizo de Publicacións pr...

A Xunta engade unha enquisa a pais sobre lingua para o novo Plan de Normalización

Foi realizada a proxenitores con fillos en idade escolar

  • Tralos datos sobre lingua publicados polo Instituto Galego de Estatística, a Xunta engadiu unha nova enquisa aos documentos de traballo que proporciona para as comisións de traballo do Plan xeral de normalización da lingua galega que coordina Manu...

Astiberri publicará en galego O corpo de Cristo de Bea Lema

Novos traballos de Pablo Carreiro, David Braña e Norberto Fernández chegan ás librarías

  • A editorial vasca Astiberri anunciou a publicación en galego a obra O corpo de Cristo , obra coa que Bea Lema obtivo o Premio Nacional de Banda Deseñada en 2024. O volume conta con tradución de Ledicia Costas e permitirá coñecer na nosa lingua u...

Malasombra producións estrea O proceso en Celanova

Cándido Pazó escribe e dirixe esta montaxe teatral que repasa o xuízo a Curros Enríquez por herexía

  • O Auditorio Municipal de Celanova acolle este venres 7 de febreiro a estrea absoluta de O proceso . Malasombra Producións pon en escena esta montaxe que, en ton de comedia, dá conta do xuízo que sufriu Manuel Curroz Enríquez logo de ser acusado d...

Quiosco: Trasalba número 1

A Fundación Otero Pedrayo inicia unha revista dixital

  • A Fundación Ramón Otero Pedrayo fixo público o primeiro número da revista electrónica Trasalba . A revista acolle diferentes estudos oterianos, tanto de hemeroteca, rescatando textos de Méndez Ferrín sobre o Ourense de Otero Pedrayo ou unha co...

A Cidade da Cultura afonda no dixital para o 2025

Ven de presentar a súa programación con varias propostas sobre artes dixitais e retrospectivas de Asorey e Rafael übeda

  • O programa expositivo da Cidade da Cultura de Galicia para este ano propón unha trintena de mostras, instalacións inmersivas e intervencións artísticas que abrirán as súas portas nos diferentes espazos do Gaiás, pero que chegarán tamén a vil...

Dous proxectos galegos sitúanse no podio da arte urbana mundial

O lugués Bubblegum obtivo o premio Artist Choice no certame Street Art Cities

  • O certame Street Art Cities, que recoñece anualmente os mellores traballos de arte urbana en todo o mundo, conta de novo con propostas galegas no seu palmarés. O lugués Bubblegum impúxose na categoría Artist Choice, que escolle un panel internac...

Sete festivais galegos na recta final dos Iberian Festival Awards

Tamén optan a premio fotógrafos destes eventos e dúas festas non estritamente musicais

  • O pasado 17 de xaneiro pechouse o prazo de votacións populares para as diferentes categorías abertas nos Iberian Festival Awards. Os principais galardóns dos eventos de música ao vivo da Península veñen de presentar xa as listas de finalistas, ...

A RAG presenta a Guía de apelidos galegos

O novo recurso en liña quere facilitar a recuperación de formas non deturpadas destas denominacións

  • O web da Real Academia Galega (RAG) incorpora desde este 29 de xaneiro a Guía de apelidos galegos , un buscador que recolle información sobre máis de 6.000 nomes de familia, que corresponden cun 95% da poboación galega. A institución presentaba ...