Quiosco: Raigame 51

O fotógrafo José Suárez e o gaiteiro Avelino Cachafeiro teñen un especial protagonismo na nova entrega da revista de cultura popular

7/2/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniohistoriamúsica
39 lecturas | Compartido 0 veces

A sede da Deputación de Ourense acollía este 2 de febreiro a presentación do número 51 da revista Raigame. Revista de arte, cultura e tradicións populares. A publicación que realiza o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo co apoio da Deputación de Ourense lembra nesta entrega o cincuentenario do falecemento do fotógrafo José Suárez. O creador protagoniza un artigo no que Xosé Luis Suárez Canal e Mercedes Rozas repasan diferentes exposicións que protagonizou ao longo da súa vida.
Canda a esta efeméride, a publicación lembra o centenario do concurso de gaiteiros de Santiago que gañou Avelino Cachafeiro coa interpretación da Muiñeira de Chantada cun artigo a cargo de Rubén Troitiño. A pegada da muiñeira no traballo do violinista Pablo Sarasate protagoniza o texto que achegou Luis González Meijide a este número, no que os irmáns Félix e Cástor Castro Vicente inician unha serie de artigos sobre a súa colección de pregos de cordel ou coplas de cego.

Textos encol dos folións de carros de Chantada, da man de Xavier Viana, o oficio de latoeiro, que abordan Lucía e Nicolás Fernández, e mais a presentación do proxecto Ende, ferramenta dixital de termos artísticos en galego para uso educativo, completan esta entrega.

Universo culturagalega.gal

17/11/2011

Quiosco: Raigame 35

A revista etnográfica que edita a Deputación de Ourense publica un monográfico sobre Neira Vilas

25/02/2013

Quiosco: Raigame 37

Isaac Díaz Pardo protagoniza a revista do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados