Quiosco: Raigame número 49

A revista está dedicada ao sacerdote Elixio Rivas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Quiosco: Raigame número 49

A revista de arte, cultura e tradicións populares Raigame, editada polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense, acaba de publicar o seu número 49. Desta volta, o número está dedicado á vida e obra de Elixio Rivas, o coñecido sacerdote de Xunqueira de Ambía finado en setembro de 2022. No artigo participan numerosos escritores e intelectuais ourensáns que evocan memorias de Rivas ou explican e exploran o seu legado en ámbitos tan diversos como a onomástica, a toponimia, a relixión, a historia ou a museografía. Entre as sinautras, están Xosé Benito Reza, Vicente Feijóo, Francisco Fariña Busto, Gonzalo Navaza ou Xavier Limia Gardón.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Raigame 51

Quiosco: Raigame 51

O fotógrafo José Suárez e o gaiteiro Avelino Cachafeiro teñen un especial protagonismo na nova entrega da revista de cultura popular

Quiosco: Raigame 35

A revista etnográfica que edita a Deputación de Ourense publica un monográfico sobre Neira Vilas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gonzalo Navaza, Xosé Benito Reza, Xaquín Lorenzo, Escritores...