Elixio Rivas é o primeiro galardoado co premio Pedra Alta, que creou esta fin de semana o Museo da Limia, situado en Vilar de Santos. O recoñecemento, que pretende "recoñecer o traballo e dedicación de persoas ou entidades, encamiñados a pór en valor o coñecemento do pasado, a análise da realidade actual, a creación intelectual, os elementos identitarios ou o apoio ao desenvolvemento económico e social da comarca da Limia". Rivas, nado en 1925, é un destacado investigador da comarca e traballou en campos como a lexicoloxÃa, a Onomástica, a Toponimia, a FiloloxÃa e a EtnografÃa, ademais de ser un divulgador fundamental da ruta sur do Camiño de Santiago.
A concesión do premio foi unha das primeiras decisións do Consello Asesor do Padroado do Museo da Limia, que se constituÃu este 30 de setembro e que conta coa participación do alcalde de Vilar de Santos, Xoan Jardón; do catedrático de Lingua e literatura Galega DelfÃn Caseiro, do historiador Edelmiro M. Cerredelo, dos arquitectos Manuel Seoane e Lola Peláez, do exalcalde de Vilar de Santos Antón Jardón, do exdirector do CPI de Rairiz Carlos Cid Arregui, da dona do café cultural "A Arca da Noe" Noemi Vázquez, da xerenta da librerÃa Nóbel de Ourense Celia Fernández Clemente,d o director da revista Lethes, Xosé Badás e mais do escultor Xosé Lois Carrera. O Consello anunciou a vindeira apertura, prevista para xaneiro de 2018, dunha nova sala no museo dedicada á obra de vinte e oito escritores limiaos.