Falece Narciso Luaces, investigador e divulgador da cultura popular

Foi fundador do Museo Etnográfico de Meixido e autor de diferentes publicacións

20/7/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A comarca do Ortegal despedía este fin de semana a Narciso Luaces, coñecido investigador e divulgador da cultura popular da zona. Nado en Ortigueira, Luaces foi o artífice do Museo Etnográfico de Meixido, no que el mesmo actuaba como guía mentres lle foi posible e que recollía ferramentas dunha trintena de oficios canda a outros elementos do xeito de vida tradicional do país. Foi autor de obras como O carreiro. Memorias do tío Santos, Traballo, oficios e crenzas dos nosos antergos ou Romaxe a Santo André de Teixido e desenvolveu un intenso labor divulgativo por centros de ensino da comarca, ademais de ser un dos fundadores de Edicións O Paporroibo.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Ensino, Ortigueira

Claves

Conceptos