Falece Luciano García Alén, médico e etnógrafo

Foi fundador do Museo do Pobo e o principal investigador sobre a olaría popular galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Luciano García Alén. Galipedia.

Luciano García Alén. Galipedia.

O pasado venres falecía en Compostela Luciano García Alén, coñecido xinecólogo e activista cultural nado en Pontevedra, aos 87 anos de idade. García Alén dedicou boa parte da súa vida á investigación da olaría popular galega, ámbito no que foi recoñecido como o principal especialista do país. Unha ampla colección de pezas e publicacións como La alfarería de Galicia amosaron a variedade e a importancia desta industria tradicional. Canda a isto, destacou tamén o traballo do doutor no Museo do Pobo Galego, entidade da que foi cofundador e a cuxo padroado pertenceu. Para alén, colaborou con institucións como o Museo de Pontevedra e foi fundador do Clube Nacionalisa Alén Nós. O seu traballo valeulle recoñecementos como a Medalla Castelao ou o Pedrón de Ouro.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Medalla Castelao, Ouro, Pedrón de Ouro...