Francisco Rivera Casás, fundador e director honorario do Museo do Mar de San Cibrao, en Cervo, falecÃa o pasado dÃa 13 de setembro aos 98 anos de idade. Casás foi o promotor do Museo, actualmente integrado na Rede MuseÃstica da Deputación, coa intención de dar a coñecer e dignificar o traballo do mar e o vencello de Lugo con este ámbito. O seu traballo valeulle recoñecementos como o de Lucense do ano en 1999 ou Medalla de Galicia nese mesmo ano. Como signo de dó, o centro permanecerá fechado hoxe e mais mañá e o Concello de Cervo declarou tres dÃas de loito.