Feliciano Barrera, editor do grupo Correo Gallego, falecÃa esta madrugada na súa casa de Madrid aos 93 anos de idade. Barrera foi durante anos responsable último de proxectos como os xornais El Correo Gallego ou o desaparecido Galicia Hoxe, ademais de desenvolver diferentes iniciativas de mecenado. O seu traballo valeulle homenaxes como a Medalla de Galicia, a Medalla de Oro de Santiago ao mérito cidadán, a Insignia de Oro da Universidade de Santiago, ou a Medalla Castelao. O funeral celébrase mañá ás 17h na igrexa de San Francisco de Santiago, e o corpo será enterrado no cemiterio de Boisaca.
Persoeiros como Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia ou Xunta de Galicia, Gerardo Conde Roa, alcalde de Santiago, e Salvador González Solla, o seu homólogo de Ponteareas confirmaron a súa asistencia ao acto. Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega emitiu un comunicado amosando o seu pesar, destacando o carácter de "proxecto senelleiro na historia do xornalismo galego" o proxecto do Grupo correo.