Falece Robert Plötz, un dos maiores estudosos do Camiño de Santiago

O seu labor valeulle a Medalla de Galicia e a Medalla de Ouro da capital galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Falece Robert Plötz, un dos maiores estudosos do Camiño de Santiago

Robert Plötz, membro fundador do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e un dos principais investigadores e dinamizadores das rutas xacobeas, falecía na noite do pasado venres 25 de agosto. Nado en 1942 en Nürnberg, Alemaña, e mantivo unha estreita vinculación coas peregrinacións a Compostela desde 1967, ano no que el mesmo realizou o Camiño. Autor de múltiples estudos sobre o fenómeno das peregrinación, dirixiu durante 25 anos a Irmandade Xacobea de Alemaña e desenvolveu un activo papel na dinamización do asociacionismo arredor das rutas. O seu labor valeulle en 1999 a Medalla de Ouro da cidade de Santiago de Compostela, en 2001 a Medalla de Galicia, na súa categoría de prata pola Xunta de Galicia, e en 2004 a cruz de mérito de Alemaña.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Ouro, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela...