Francisco Fernández del Riego recibiu onte, día vintetres, a Medalla de Ouro de Galicia de mans do presidente da Xunta Manuel Fraga en recoñecemento de toda unha vida dedicada á defensa e á cultura do idioma. A Xunta decidiu outorgar esta distinción ó director da Biblioteca Penzol de Vigo o pasado mes de novembro, coincidindo coa súa despedida da presidencia da Real Academia Galega. No acto de entrega déronse cita os principais representantes do mundo cultural e político do país que recoñeceron unanimemente o labor de Del Riego.
O acto
O Salón Grande de San Caetano foi o escenario onde se produciu a entrega da medalla, que comezou coa interpretación do Himno do Antigo Reino de Galicia por parte da banda de música de Santiago. O acto estivo presidido polo presidente da Xunta, Manuel Fraga, a quen acompañaron o presidente do Parlamento, José María García Leira, o presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta, o delegado do Goberno, Arsenio Fernández de Mesa, o presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro, o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo e varios conselleiros.
A entrega do maior galardón que outorga a Xunta comezou coa lectura do decreto do 29 de novembro do 2001 polo que a Xunta concedeu o medalla a Del Riego " en atención a toda unha vida de dedicación a Galicia, á súa cultura e á súa lingua". Á esta lectura, realizada polo conselleiro da Presidencia, Xaime Pita, seguiu a intervención do presidente da Real Academia, Xosé Ramón Barreiro, que realizou unha semblanza do homenaxeado. Barreiro calificou a Del Riego coma "símbolo de virtudes" e "espello no que mirarse" e lembrou o seu labor coma presidente da RAG salientado que "salvou, organizou e prestixiou" a Academia. Segundo el, o traballo del Riego na creación de Galaxia "salvou os valores dunha patria cando todo parecía perdido" e fixo do homenaxeado "o símbolo da Galicia de hoxe, a que soñaron Castelao e Brañas e pola que morreu Bóveda".
Logo de Barreiro foi Manuel Fraga quen glosou a figura do galeguista, "un dos millos máis egrexios e ilustres de Galicia", para quen recuperou unha cita de William Blake, "se tres vidas tivese, as tres daría pola causa". Fraga falou de Del Riego coma un dos piares da historia contemporánea de Galicia e "pertencente á mellor estirpe dos bos e xenerosos".
Francisco Fernández del Riego improvisou unhas palabras para expresar a súa "fonda satisfacción e agradecemento" pola homenaxe, salientando que el só se consideraba "un apéndice" da liña da conducta da Xeración Nós. do mesmo xeito, afirmou que nunca perseguiu "nin honores, nin mandos" e que só traballou movido polo amor do país e da lingua como "identificador de Galicia" e como "un idioma de cultura". O acto finalizou coa interpretación do Himno Galego.
Valoracións
O acto de entrega da medalla concentrou en San Caetano numerosas personalidades do mundo da cultura e da política que coincidiron en salientar a importancia da figura de Del Riego dentro da cultura do país.
Así, Isaac Díaz Pardo sinalou que Del Riego é quen máis merece esta medalla de todos os persoeiros que viven. Pola súa banda, o voceiro nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, detacaou o compromiso político do homenaxeado e a súa loita a prol da cultura do país. Pola súa banda, Emilio Pérez Touriño, secretario xeral do PSdeG-PSOE, calificou a Del Riego de "referente histórico de Galicia" e salientou "a súa vocación de xenrosidade sen límites". Tamén o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, falou del Del Riego coma "un exemplo" para o país.
Ademais deles, estiveron presentes no acto o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, o rector da Universidade da Coruña, Meilán Gil, o directore de Caixa Galicia, José Luis Méndez, o alcalde de Ferrol, Jaime Bello e unha nutrida representación da Real Academia. Tamén acudiron representantes da Asociación de Escritores en Lingua Galega, do PEN Clube, do Instituto Padre Sarmiento, da Fundación Rosalía e abondosos persoeiros do mundo da cultura.