Unha longa enfermidade, que o tiña hospitalizado nos últimos tempos, acababa na madrugada de onte coa vida do doutor Agustín Sixto Seco, un dos máis destacados nomes do galeguismo. A capela ardente instalarase a partir das doce da mañá de hoxe na igrexa de San Domingos de Bonaval, onde o corpo recibirá homenaxe de boa parte dos principais nomes da nosa cultura. O funeral será o venres, ás 12 h., na igrexa compostelana de San Francisco. Posteriormente, Sixto será enterrado no cemiterio de Boisaca.
Aínda que a súa profesión era a de médico especialista en Ortopedia e Traumatoloxía, Agustín Sixto Seco desenvolveu ao longo da súa vida unha intensa actividade de defensa da cultura do país, participando en boa parte das iniciativas que neste sentido se desenvolveron en Galicia desde mediados do pasado século. Deste xeito, o seu nome chegou a ser respectado como un dos máis destacados de entre a intelectualidade galeguista, colaborando con persoeiros da talla de Otero Pedrayo, García-Sabell, Carlos Casares, Fernández del Riego, Isla Couto ou Fernández del Riego entre outros, en diferentes proxectos ao longo da segunda metade do século XX.
Deste xeito, o nome de Sixto Seco aparece vencellado a proxecto coma a Editorial Galaxia, da que era conselleiro. O doutor tamén representaba este cargo na Fundación Penzol e no Instituto Galego de Información entre outros postos. Grande parte do seu traballo desenvolveuse no padroado de diversas fundacións, sobre todo a partir dos últimos anos setenta, e estaba vencellado á Fundación Castelao, á Alfredo Brañas ou á Camilo José Cela, alén de ser un dos padróns fundadores do Museo do Pobo Galego e membro correspondente da Real Academia Galega. No campo editorial, alén do seu vencello con Galaxia, dirixiu a editorial Sociedade de Estudos Publicacións e Traballos (SEPT). En canto a cargos públicos foi o primeiro secretario do Consello da Cultura Galega e en 1995 incorporábase ao Consello Reitor do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Un ano despois vía recoñecido oficialmente o seu traballo cunha Medalla de Prata de Galicia que lle outorgou a Xunta.
No entanto o seu traballo máis coñecido foi o que desenvolveu coma presidente da Fundación Otero Pedrayo durante case vinte e cinco anos onda o seu incansábel labor á fronte do Padroado Rosalía de Castro. Foron nos últimos anos estas dúas institucións as que concentraban boa parte da súa actividade pública, e Sixto Seco queda indisolublemente vencellado ao nome da poetisa polas súas constantes reclamacións de atención cara a figura de Rosalía. Os seus últimos proxectos coñecidos incluían a recuperación da actividade da fundación que levaba este nome, que estaba a pasar problemas económicos que dificultaban a súa actividade.
Entre o legado de Sixto Seco destacan abondosos tratados e artigos sobre a súa especialidade médica, a traumatoloxía e a ortopedia, que lle valeron un Premio Nacional de Ortopedia no ano 1970. Por outro lado escribiu prólogos para once libros e abondosos artigos de opinión, moitos dos cales se podían seguir até este mesmo mes no xornal "El Correo Gallego". Unha escolma destes artigos foi publicada en 1997 co título "Entre portas". Diferentes persoeiros e institucións da cultura xa amosaron o seu pesar polo pasamento.

Galería: Agustín Sixto Seco
Na inauguración das novas instalacións do Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi (Santiago de Compostela). De esquerda a dereita, Constantino García, Agustín Sixto Seco, Ramón Castromil, Ramón Villares, Xesús Alonso Montero e Ïsaac Díaz Pardo.
Galería: Agustín Sixto Seco
Recibindo unha placa conmemorativa no marco do Congreso Rosalía de Castro, en 1985, na Casa Museo da autora en Padrón.
Galería: Agustín Sixto Seco
Na mesma homenaxe, ao carón de Ramón Piñeiro.