Marta Lucio é a nova directora do Museo do Mar

A Deputación de Lugo amplía o museo marítimo de San Cibrao

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Marta Lucio

Marta Lucio

A historiadora da arte Marta Lucio foi nomeada onte nova directora do Museo do Mar de Galicia polo padroado da fundación que dirixe este centro vigués. Lucio, que substitúe a Pablo Carrera no posto, traballaba ata o de agora como técnica de cultura na Deputación de Pontevedra, desenvolvendo tarefas de coordinación no programa cultural da entidade. De xeito paralelo a este nomeamento, a vicepresidencia da Deputación de Lugo anunciaba onte un investimento de 190.000 euros para ampliar o Museo do Mar que xestiona en San Cibrao. O centro contará cunha superficie expositiva de 200 metros cadrados e incrementará os seus fondos, coa intención de recoller a importante tradición mariñeira da comarca da Mariña. A intención da Deputación é abrir a ampliación no vindeiro mes de maio.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo, Museo do Mar de Galicia, Deputación de Pontevedra