Aurelia Balseiro dirixirá o Museo Prinvicial de Lugo, que abre unha nova etapa

A nova directora pretende definir un novo proxecto museográfico

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Aurelia Balseiro dirixirá o Museo Prinvicial de Lugo, que abre unha nova etapa

“O primeiro de todo é facer unha diagnose tanto do continente como do contido, e a partir de aí facer o plan museolóxico que está pedindo a berros”. Deste xeito anunciaba Aurelia Balseiro, a nova directora do Museo Provincial de Lugo, as súas primeiras actuacións para o centro. É a primeira persoa que ocupa este posto logo de que o pasado mes de febreiro o pleno da Deputación aprobara a súa creación. O Museo abre hoxe unha nova etapa que coincide co momento no que o centro está pendente de ampliar o seu espazo expositivo. Balseiro é licenciada en Xeografía e Historia e leva vencellada á área de cultura da Deputación lucense desde hai máis dunha década.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xeografía, Museo Provincial de Lugo

Claves

Conceptos
Lugares