A xestora cultural Paula Cabaleiro Comesaña (Cangas do Morrazo, 1986) ven de facer público a través das súas redes sociais o seu cesamento como Directora da area de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra. Cabaleiro, que leva ocupando ese posto desde maio de 2020 tras superar un concurso público, é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. O seu cesamento por parte da actual presidencia do ente provincial terá efectos inmediatos a finais deste mesmo mes de decembro. Actualmente, na actual equipa de goberno do ente provincial a área de cultura recae na vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Fernández-Tapias. Este é o segundo cesamento importante nas áreas culturais despois de ter cesado ao director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey. Os postos como de Paula Cabaleiro están reservados a personal funcionario ou laboral das administracións públicas, asà como a profesionais do sector privado con acreditada experiencia na dirección, comisariado ou coordinación de proxectos, planes ou programas culturales no sector público.
Na súa mensaxe de despedida, Paula Cabaleiro non aforraba agradecementos tanto ao persoal da Deputación co que traballou, ao equipo directivo que incluiu no proxecto, como a persoas e entidades coas que traballou nestes anos. " Tiven a sorte de formar parte dun gran PROXECTO COLECTIVO e dun modelo de xestión aberto e cómplice, onde tantas e tantas persoas e entidades traballamos xuntas en prol dunha cultura igualitaria, sostible, social e accesible, unha cultura que é un dereito fundamental para todas e todos e que ten a capacidade de facer do mundo un lugar mellor", asegura Paula Cabaleiro. Arestora a Deputación non emitiu ningún comunicado sobre este cesamento e o posterior proceso de substitución para o posto de Dirección da área de Cultura. Xustamente o pasado venres o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou o renovado plan de apoio do Goberno provincial ao sector cultural bautizado co nome de "Culturea".