Paula Cabaleiro obtén a praza de Directora de Cultura da Deputación de Pontevedra

A comisaria de arte impúxose no concurso convocado pola entidade para cubrir o posto

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Paula Cabaleiro nun acto da Deputación de Pontevedra en 2019. Fonte: Facebook de Paula Cabaleiro

Paula Cabaleiro nun acto da Deputación de Pontevedra en 2019. Fonte: Facebook de Paula Cabaleiro

A comisaria de arte e dinamizadora cultural Paula Cabaleiro ocupará o posto de Directora de Cultura da Deputación de Pontevedra, segundo anunciaba na mañá deste 22 de maio a presidenta da entidade Carmela Silva. Cabaleiro foi seleccionada no concurso que institución provincial abrira o pasado mes de febreiro para cubrir esta praza, para o que se tivo en conta a experiencia previa en postos de dirección e en ámbitos culturais e, canda ao currículo, "un proxecto de dirección e organización da área de cultura no que se expoñan as principais liñas de actuación" para a mesma.

O posto, que ten entre as súas funcións "impulsar e coordinar as políticas culturais da Deputación Provincial de Pontevedra nas súas diferentes liñas de actuación e desde a base da planificación estratéxica" conta cunha retribución bruta de 60.985 euros ao ano. O proceso de selección correu a cargo dun órgano técnico composto polo secretario da Deputación, a xefatura de Servizo de Cultura e mais a xefatura do Servizo de Recursos Humanos e Formación.

Que che parece esta nova?
129 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, Deputación Provincial