O musicólogo Xosé López Calo recibiu o pasado venres do Hostal dos Reis Católicos o VIII Premio das Artes de das Letras de Galicia. Este premio, que outorga anualmente a Xunta no Día das Letras, recoñece o labor deste estudioso da música que participou na reconstrucción deos instrumentos do Pórtico da Gloria e está a editar as obras completas de Xoán Montes. Tamén o venres dezasete se entregaron os premios Pedrón na Casa Museo de Rosalía de Castro, recibindo o Pedrón de Ouro o doutor Luciano García Alén.
Artes e letras
O pai Xosé López Calo recibiu o pasado venres o Premio das Letras e das Artes de Galicia que outorga anualmente a Xunta. Entre os méritos cos que conta este musicólogo destacan os estudios sobre música sacra en Galicia, o seu traballo na recuperación dos instrumentos do Pórtico da Gloria ou a descripción dos instrumentos de San Martiño de Noia, así coma os seus máis de vinte anos exercendo a cátedra de Historia da Música da Universidade de Santiago.
Durane o discurso de entrega, López Calo agradeceu o galardón e fixo un repaso dos proxectos nos que está involucrado ós oitenta anos. Así, lembrou a necesidade de realizar copias de seguridade dos arquivos da cinco catedrais galegas e salinetou que só faltan cinco tomos para rematar a publicación dos fondos da Catedral de Santiago, logo dos once realizados baixo a súa coordinación e publicados pola Deputación da Coruña. Tamén sinalou que en breve rematará a edición das obras completas do compositor lugués Xoán Montes, tamén coordinadas por el. Por se fose pouco López Calo tamén continuará o seu traballo na colección de música clásica galega que foi presentada hai poucas semanas pola Xunta.
Pedróns e outros
O Día das Letra foi tamén escolleito pola Fundación Pedrón de Ouro para entregar os seus premios Pedrón de ouro e Pedrón de Honra. O primeiro dos galardóns recaeu neste ano no doutor Luciano García Alén polo seu traballo na conservación das tradicións e o seu estudio da antropoloxía galega. Pola súa banda, Pedrón de Honra foi para a Mesa Prá Defensa do Galego de Asturias, a Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo, e a asociación Xeito Novo e a don Felipe Lubián, alcalde das Portelas en Zamora.
Tamén se entregaron estes días os premios da Campaña "Entre nós,en galego", os do certame literario Ánxel Casal de Compostela ou os do certame Letras Galegas 2002 de Vilalba entre muitos outros.