A Limia recolle nun catálogo a vintecinco autores contemporáneos da comarca e prepara unha biblioteca

Biblioteca da Limia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Carlos Casares, Xosé Manuel Cid, Delfín Caseiro, Luis García Mañá, Manuel Mandianes, Chus Pato e María Ruído son algúns dos vintecinco autores contemporáneos que conforman o “Catálogo de autores da Limia” a publicación que aglutina información sobre autores desa comarca ourensá. O Museo de Vilar de Santos ten a iniciativa desta publicación que está vencellada á próxima creación dunha biblioteca de temática comarcal dentro do museo que conterá todo tipo de soportes de documentación. O catálogo presentouse o sabado, 8 de maio, en Vilar de Santos e ao acto acudiron autores, políticos e veciños.

Máis información na edición do domingo do xornal La Región

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Limia, Vilar de Santos, Xosé Manuel Cid, Chus Pato...