A Biblioteca de Vigo acolle unha mostra de BD

Pódense ver ollar de Jacobo e Norberto Fernández, María Vilar e Fran Jaraba

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Ata final de mes pode ver na Biblioteca Central de Vigo unha exposición que recolle 26 traballos orixinais e mais álbums de autores de BD da Cidade Olívica. En concreto, poden verse obras de Jacobo e Norberto Fernández, María Vilar e Fran Jaraba. O local acolle mañá, trece de maio, unha presentación desta actividade coa presenza dos autores ás seis da tarde. A mostra é unha actividade complementaria ao curso de BD que se desenvolve cada sábado na biblioteca. As clases gratuitas están a cargo de María Vilar transcorren ata o vindeiro mes de xuño entre as 12 e a unha e media da tarde.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Norberto Fernández, Cidade Olívica, Medios de comunicación

Claves