A Limia contará cunha biblioteca dedicada a autores da comarca mentres na Coruña nace un arquivo discográfico local.

Libros limiaos, discos coruñeses

29/1/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Autores coma Chus Pato, Carlos Casares, Antón Riveiro Coello ou María Ruído teñen unha orixe común, a comarca da Limia. A partir de abril as súas obras e a doutros autores da zona reuniranse na biblioteca de autores limiaos que o concello de Vilar de Santos quere instalar no edificio que xa alberga o Museo da Limia. Mentres, o Instituto de Estudos Locais da Coruña ten en marcha a creación dun arquivo de músicos coruñeses, para o que xa contactou con vinteoito grupos e intérpretes da cidade que cederon cadansúa gravación.

Máis información sobre o museo da Limia en Vieiros e en Galicia Hoxe; sobre o arquivo de músicos coruñeses en La Opinión

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Limia, A Coruña, Vieiros, Carlos Casares...