Os Amigos dos Museos de Galicia recoñecen o estudoso ourensán Elixio Rivas

Recibiu o galardón Pedra do Destino a coincidir co Día Internacional dos Museos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Asociación de Amigos dos Museos de Galicia outorgou este 18 de maio, Día Internacional dos Museos, o premio Pedra do Destino 2021. O colectivo recoñeceu con este galardón anual o labor do ourensán Elixio Rivas, estudoso do patrimonio da comarca da Limia en ámbitos como a lexicoloxía, a onomástica, a toponimia, a filoloxía e a etnografía. Rivas ademais compilou unha importante colección etnográfica no Santuario dos Milagros, en Baños de Molgas. O galardón, que se entregará o vindeiro outono, consistirá nun "rostrillo", peza de culto mariano, do século XVII.

O galardón instituíuse en 1988, "para agradecer e premiar a aquelas persoas ou agrupacións os esforzos por normalizar, conservar, difundir ou facilitar o estudo dalgúns aspectos da inmensidade do Patrimonio Cultural de Galicia, inmoble, moble, tanxible…".

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Etnografía, Limia, Antropoloxía...

Claves

Lugares