Carlos Valle é recoñecido co premio Pedra do Destino

Amigos dos Museos de Galicia premian a carreira do que foi director do Museo de Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Carlos Valle. Fonte: RAG.

Carlos Valle. Fonte: RAG.

O antigo director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, recolleu este 12 de novembro na capital do Lérez o Premio Pedra de Destino. A Asociación de Amigos dos Museos de Galicia quixo recoñecer con esta homenaxe "a súa exemplar traxectoria á fronte desta institución" e mais os méritos de Valle "en defensa e divulgación do patrimonio cultural de Galicia".

A entrega do premio, que salienta o papel do Museo como "institución referente pola súa actividade e compromiso coa cultura galega e con canto implica un museo" realizouse na sede da Fundación Fundación Cuña - Casasbellas. O galardón consiste nun diploma e incluíu a edición do libro A obra de Castelao no Museo de Pontevedra, que estuda un legado "que corría o risco de perderse para o legado cultural de Galicia".

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A icona Valle-Inclán

A icona Valle-Inclán

O Museo de Pontevedra analiza a evolución do arousán a través das súas caricaturas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Museos, Lérez, Castelao

Claves

Protagonistas
Conceptos