Non cabe dúbida de que, co permiso de Castelao, Valle-Inclán é o escritor mais icónico que saíu de Galicia. Para os que teñan dúbidas ao respecto, o Museo de Pontevedra acolle, ata o vindeiro 15 de novembro a exposición Valle-Inclán debuxado. Obra ilustrada no Museo de Pontevedra, na que se poden contemplar ata o vindeiro 15 novembro máis de douscentos debuxos e caricaturas do arousán.
Segundo explica Javier Serrano, un dos comisarios deste proxecto, realmente pódense ver dúas mostra. Por unha banda está Valle-Inclán debuxado, que recolle a imaxe do autor a partir fundamentalmente das caricaturas que se lle fixeron en vida, explica. Trátase de ver como o viron caricaturitas e debuxantes entre finais do século XIX e 1936, completa. Canda a esta hai unha segunda parte que se centra na obra ilustrada do autor, e pretende reflectir a preocupación que tivo sempre Valle-Inclán sobre a composición dos seus libros, mesmo a nivel artístico. Este apartado correu a cargo de Margarita Santos.
As caras de Valle
A idea desta selección é ver a evolución da imaxe de Valle-Inclán pero non só a nivel físico, senón tamén espiritual, a partir de preto de 240 caricaturas que recollen toda a súa vida, explica Serrano. Desde un Valle universitario ata os retratos que se publicaron con ocasión da súa morte, aprécianse as mudanzas físicas e espirituais do autor. Hai oito grandes fotografías que queren amosarlle á xente que Valle non foi sempre un home ancián de barbas longas e brancas e melena. Segundo É indiscutible que Valle-Inclán crea unha máscara, o que acontece é que vai mudando. As primeiras imaxes que temos del son as dun típico burgués de finais do século XIX. Logo, ao se trasladar a Madrid, comeza a crear a súa máscara, unha imaxe postromántica con melena merovinxia, coas gafas e cunha barba que ao comezo é só unha perilla pero que vai medrando, lembra Serrano. Esta imaxe modernista muda cara a 1910, cando elimina a melena se rapa ao cero. Esta mudanza achégase máis á súa evolución estética cara ao espiritualismo. Tamén se achega máis á imaxe do aristócrata das letras que quere dar. Nese sentido, os retratos amósano por unha banda coma un fidalgo heróico que pensa nun mundo ideal ou coma o escritor reflexivo que está fechado nun ambiente monacal, coa súa obra e consigo mesmo. A finais dos ano vinte dáse unha nova metamorfose no autor ourensán. É a imaxe máis identificable, a do ancián. Deixa medrar de volta a melena, xa branca coma a barba, e achega máis a imaxe dun patriarca. E é que, logo da morte de Galdós, o noso autor, canda a Unamuno, pasa a ser un auténtico pai das letras españolas. Esta imaxe xa a manterá ata a súa morte, conclúe Serrano.
A evolución da caricatura en Valle
Malia a que o aspecto do autor prestábase de xeito especial para a caricatura, a realidade é que na época este recurso gráfico era moi empregado pola prensa. A integración da fotografía na prensa tardou. Cando se falaba de personalidades, tanto políticos ou militares coma artistas, queríaselle dar unha imaxe aos lectores, que non coñecían o seu aspecto físico. E aí se desenvolve toda unha tradición de retratistas e debuxantes que se mantén mesmo cando aparece a fotografía explica Serrano. De calquera xeito, Valle-Inclán era unha presa codiciada para os retratistas da época. Tiña un aspecto único e moi identificable, e iso facilitáballe aos retratistas tamén experimentar e buscarlle máis o espírito a partir da melena, as gafas e as barbas, que eran os elementos máis recoñecibles. De feito, a través do autor arousán, pódese seguir a evolución da propia caricatura a nivel estatal. Deste xeito nas primeiras imaxes se poden ver formatos e estilos moi propios do XIX, como son os retratos con grandes cabezas e corpos pequenos. A partir de aí, aparece a cor na caricatura e xa nos anos vinte e trinta pódese ver como se fai experimentación desde puntos de vista directamente vangardistas, como por exemplo as de Álvaro Cebreiro, que son puras liñas pero continúan a ser identificables.
Os nomes das olladas
Entre os autores que retrataron ao escritor e dramaturgo atópanse nomes destacados coma Vagaría, que repetiu en diferentes ocasións e mesmo chegou a ter problemas co autor pola imaxe que daba del. Xa a primeira que fixo en 1912, na que se ve como un pao se transforma en Valle-Inclán, deu para que o galego retase a duelo ao debuxante. Titúlase Como nace, crece y se desarrolla un grande hombre, e insinúa que Valle se fixo con catro farrapos, e ao autor non lle gustou a mensaxe. Ao final non pelexaron e mesmo se fixeron amigos, pero houbo moitos retratos deste tipo que lle sentaron bastante mal. Tamén hai unha de Picasso, retratos do pintor Moya del Pino ou caricaturistas coma Ángel de la Fuente ou Emilio Ferrer, lembra Serrano. Gustaríame destacar un autor salvadoreño, Toño Salazar, que coñece a Valle-Inclán na súa segunda visita a México e desenvolve unha auténtica obsesión vital co autor. Botou toda a vida a debuxar a Valle, e mesmo cando entrou na Academia da Salvadoreña da Lingua fíxoo cun discurso sobre el.
Propostas para ollar
Eu recomendaría que a xente se fixase nas imaxes de Valle en tertulias, que hai moitas, explica o comisario. El mesmo dicía que este era o seu medio, que era onde vivía, meditaba en voz alta e explicaba a súa visión da arte e da vida. E moitos retratistas amosárono aquí, sempre con aspecto de astro, de santo ou de mesías. Deste xeito hai mesmo algún retrato onde se lle pode ver cunha aura arredor da cabeza ou unha que representa a tertulia do Novo Café de Levante coa iconografía da Última Cea. Logo hai tamén caricaturas que o identifica con personaxes do Século de Ouro, coma Cervantes... Para min son todas especiais e teñen moita historia.

Caricatura de Leal de la Cámara. 1899
Retrato de Vale por Prudencio Canitrot. 1906
Romat Bonet, Bon. 1911
Valle-Inclán por Castelao. 1912
A tertulia do Novo Café Levante, ao xeito da última cea. Luis Alemany 1912
Como nace, crece y se desarrolla un grande hombre Bagaría. 1912
Retrato de Valle-Inclán. Echea. 1915
As caras de Valle-Inclán
Toño Salazar. 1921