O Museo de Pontevedra, unha das institucións máis sobranceiras da cultura do país, atesoura unha enorme colección de arte, arqueoloxía e historia que permite coñecer a evolución de Galicia ao longo dos últimos séculos. José Carlos Valle, director do Museo, preséntanos nesta nova entrega de "Museos de Galicia: a selección dos directores", xoias tan representativas coma o Tesouro de Caldas, óleos de Van der Hamen, lenzos de Sorolla ou o Álbum da Galicia Mártir de Castelao.

