Ubicado nunha vella fábrica de Bueu (Pontevedra) que pertencerá á unha histórica familia de conserveiros das rías galegas, os Massó, este museo recompila a historia da sinerxia entre mar e home na cultura galega e universal. O mar como fonte de recursos e como superficie para o desprazamento nun estimulante paseo pola aventura da descuberta do mar e das técnicas marítimas. O Museo foi fundado en 1932 pola familia orixinal, tras unha estimulante visita do inventor Marconi. Hoxe pertence á Consellería de Cultura da Xunta. O seu director, Roberto Aneiros, amósanos cinco xoias do Museo Massó.


