Cultura iniciará este mesmo ano a ampliación do Museo Massó

Massó plus

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Museo Massó, de Bueu, dará este ano un estirón. Felipe Arias, director xeral de Patrimonio, anunciaba onte que en breve comezará o proxecto arquitectónico de ampliación e mais o plan de usos museísticos que definirá polo miúdo o futuro do centro. O anuncio producíase na inauguración da mostra "O deseño gráfico na colección do Museo Massó". Arias tamén sinalou que o seu departamento está a analizar a importancia do estaleiro tradicional de Banda do Río, en perigo de demolición, para ver as posibilidades de o conservar e vencellalo ao museo.

Máis información no web da Consellaría

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Massó, Museo Massó, Bueu

Claves

Lugares