O Museo Massó remodela o seu proxecto expositivo acorde co novo espazo

O centro contará cun auditorio e seis salas para a exposición permanente

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:

A anunciada ampliación do Museo Massó acaba de converterse nunha realidade. Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, Felipe Arias, o director xeral de Patrimonio Cultural, e Félix Juncal, alcalde de Bueu presentaron esta mañá o proxecto. A ampliación física do centro (a cargo do arquitecto César Portela) implica cambios no novo plan museolóxico. O museo contará cun auditorio (cun aforo próximo aos cen visitantes) e con 1.100 m2 para exposicións, distribuídos en seis salas para a colección permanente (embarcacións tradicionais, conservación do peixe, modelos de barcos, navegacións e, por último, o libro e o mar) e unha para mostras temporais. O custe total destas obras ascende a seis millóns de euros.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Massó, Museo Massó, César Portela, Ánxela Bugallo...

Claves

Conceptos
Lugares