Morre o escritor e sacerdote Elixio Rivas

Destacou nas súas publicacións sobre onomástica e toponimia galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O sacerdote Elixio Rivas finou o sábado en Salamanca aos 97 anos. Marcha unha figura moi destacada para os estudos de etnolingüismo, etimoloxía e onomástica, e autor dunha dilatada e notable obra, así como proxectos de recuperación cultural como o museo etnográfico 'Devanceiros' do Monte Meda. Rivas, nacido en Fondo de Vila (Xunqueira de Ambía, Ourense), combinou as súas labores relixiosas coa investigación etnolingüística. De aí parte o Léxico Rural do Noroeste Hispánico, un compendio de 25 libros recollendo, en monografías especializadas, os termos do agro. Tamén destacou a súa actividade de difusión e investigación ao redor do Camiño de Santiago, pulando por recuperar a Vía da Prata. Rivas recibiu, polo seu traballo, numerosas distincións como a Medalla de Ouro da Deputación de Ourense 2019 e a Medalla Castelao no 2000.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Ouro, Camiño de Santiago, Medalla Castelao...