O escultor Acisclo Manzano recibirá a Medalla de Ouro da provincia de Ourense o vindeiro 17 de xuño nun acto no salón de plenos do Pazo Provincial en recoñecemento "por toda unha vida creando e crendo nesta terra, facendo ademais da súa obra a mellor tarxeta de visita do noso territorio", sinalou o presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar. Acisclo Manzano (Ourense, 1940) é considerado como un dos grandes escultores contemporáneos españois. Membro da Real Academia de Belas Artes na sección de escultura, medalla nacional de Arte Xuvenil e Premio Otero Pedrayo, o artista ourensán ten traballado a madeira, o bronce, ferro ou granito, aÃnda que a súa obra céntrase no barro, material que utiliza para modelar as súas formas escultóricas. A súa obra atópase repartida por numerosas localidades galegas, con mostras no Museo de Belas Artes da Coruña, na colección de arte de Abanca e no mosteiro de Xunqueira de Espadanedo. A medalla de Ouro da Provincia de Ourense é un galardón reservado para as persoas que acaden un gran prestixio social no eido que desenvolven a súa actividade, contribuÃndo á mellora da imaxe da provincia de Ourense e o coñecemento sobre a mesma.