Carlos Casares será distinguido coa Medalla de Ourense

A Deputación acordou outorgalle ao escritor esta distinción a título póstumo

27/11/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturaDía das Letras Galegas 2017
18 lecturas | Compartido 0 veces
"Como homenaxe e recoñecemento do noso pobo a toda unha longa traxectoria cultural e social marcada polo seu carácter conciliador que forxou na súa etapa máis ourensá", a Deputación de Ourense acordaba o pasado venres 24 outorgarlle a Carlos Casares a Medalla de Ouro da Provincia. O galardón pretende "promover a exaltación dos fillos ilustres da provincia de Ourense" que "dedicaron a súa vida e as súas actividades a prol do noso desenvolvemento, tanto cultural, artístico, musical, social como económico", e chega no ano en que o autor foi recoñecido do Día das Letras Galegas.

Universo culturagalega.gal

Contextos