A súa longa traxectoria profesional como intérprete, director e autor teatral valeulle a Vicente Montoto ser recoñecido este ano co Premio de Honra Marisa Soto. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) acordou outorgarlle esta distinción ao autor como homenaxe á súa "paixón" e "xenerosidade". "Montoto é un pioneiro, forma parte dunha xeración que apostou dende o principio por facer un teatro do noso, feito en galego e profesionalizado", explicou Avelino González, presidente da Asociación.
Na súa traxectoria, Montoto traballou tanto sobre textos propios como Volve o cabaré, Pa, Zocos ou Pallasos, como a adaptar obras alleas. A casa dos espÃritos de Isabel Allende ou O retrato de Dorian Grai, de Oscar Wilde ou A elas de Cunqueiro son algúns dos exemplos nesta súa liña de traballo. Ademais dunha intensa carreira audiovisual en producións como Urxa, A noite que deixou de chover, A praia dos afogados, Pratos combinados ou RÃas Baixas, tamén é coñecido pola súa participación en obras do Centro Dramático Galego como O Incerto Señor don Hamlet ou XelmÃrez ou a gloria de Compostela entre moitas outras.
Montoto recibirá o seu galardón no transcurso da gala dos premios MarÃa Casares, que se celebrará o vindeiro xoves 26 de marzo no Teatro RosalÃa Castro da Coruña.