A NASA leva o premio Marisa Soto

A Asociación de Actores e Actrices homenaxea o traballo da sala

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Asociacion de Actores e Actrices de Galicia acordou outorgarlle o seu Premio de Horna Marisa Soto á Sala NASA. A xunta directiva da Asociación valorou o feito de “ser unha sala alternativa independente de referencia en Galicia e no estado español; converterse nunha Sala de exhibición imprescindible na vida teatral e cultural de Santiago de Compostela; provocar unha xeración de profesionais da escena que se criaron e medraron a carón da Sala, converténdoa nunha auténtica `escola de rúa’; e por ser un proxecto diferenciado e innovador, sempre á procura dunha linguaxe propia e dunha particular maneira de achegar as artes escénicas á cidadanía”. O galardón entregarase o vindeiro 3 de abril na gala dos XVI Premios María Casares.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marisa Soto, María Casares, Artes Escénicas, Sala Nasa...