Eduardo Alonso recibirá o Premio Marisa Soto

A Asociación de Actores e Actrices recoñece o dramaturgo co seu galardón de honra

7/3/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: espectáculosteatro
25 lecturas | Compartido 0 veces

Eduardo Alonso. LaDiapo/AAAG

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia acordou recoñecer co seu Premio de Honra Marisa Soto desde ano o director e dramaturgo Eduardo Alonso. Co premio o colectivo homenaxea a traxectoria de quen foi primeiro director do Centro Dramático Galego e que fundou, xunto a actriz Luma Gómez, Teatro do Noroeste. Entre os méritos listados, a directiva da entidade "agradécelle a Alonso o seu destacado papel na profesionalización do teatro galego, proceso no que exerceu un rol imprescindible na fundación do Centro Dramático Galego, sendo un dos seus máximos impulsores e o seu primeiro director. Ademais, a Xunta Directiva da AAAG celebra o traballo que Eduardo Alonso exerceu en Teatro do Noroeste, compañía que sempre apostou pola incorporación de novos valores e deu a oportunidade de estrearse nas tábaos a un gran número de profesionais". O premio entregarase o vindeiro 29 de marzo no transcurso da gala dos Premios María Casares.

Premios María Casares 2017

Ver serie completa
27/03/2017

Inma António presenta o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro

A actriz e dramaturga tomará a palabra na gala dos Premios María Casares para defender a cultura e o teatro como dereitos humanos

02/03/2017

Trece espectáculos acadan as candidaturas dos XXI Premios María Casares do teatro

O tolleito de Inishman e Eroski Paraíso concentran o maior número de nomeamentos

Universo culturagalega.gal