A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vend e facer pública a concesión á actriz, directora e docente teatral Flor Maceiras Do Premio de Honra Marisa Soto. Con este galardón, a Xunta Directiva quere recoñecer "o labor inxente dunha actriz e docente cuxa traxectoria se pode definir polo seu amor incontestable pola escena. Un amor que lle inculcou Manuel Lourenzo e que Flor Maceiras lle transmite ás novas xeracións de profesionais do noso oficio dende a Escola Municipal de Narón, institución referencial no sector", segundo o comunicado da AAAG. As dúas dimensións de Flor Maceiras, a de docente e a de actriz, a converten para a asociación nun "elo fundamental do pasado, do presente e do futuro da nosa profesión". O galardón será entregado durante a gala dos Premios de Teatro MarÃa Casares, que nesta vixésima cuarta edición terá lugar no Teatro RosalÃa Castro da Coruña o xoves 26 de marzo.
Flor Maceiras (A Coruña, 1964) é actriz, directora e docente teatral e directora da Escola de Teatro de Narón. Vinculada a actividade artÃstica desde os primeiros oitenta, iniciou a súa traxectoria teatral con Manuel Lourenzo en Elsinor Teatro. Dende aquela, Maceiras deixou a súa pegada artÃstica traballando coas principais compañÃas da nosa escena como actriz traballou ao longo das décadas con compañÃas como Elsinor Teatro, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Teatro Proscrito, Teatro Maltés ou o Centro Dramático. Dese xeito, percorrer a súa traxectoria interpretativa é percorrer gran parte da historia do teatro profesional en Galicia. Maceiras foi finalista dos Premios MarÃa Casares en tres ocasións e no ano 2013 foi recoñecida co Premio Ibán Toxeiro que outorga a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda pola súa contribución ao desenvolvemento do Teatro Amador Galego e no 2017 recibiu o Premio da CrÃtica de Galicia en Artes Escénicas, outorgado pola Fundación Premio da CrÃtica de Galicia, pola súa traxectoria escénica e docente. Desde 1997 compaxina a súa actividade como actriz coa docencia teatral e deseña e realiza para TEDAGA S.L. proxectos de actividades teatrais e de dinamización artÃstico-cultural, que contemplan actividades de formación dramática, montaxe de espectáculos, asà como obradoiros dirixidos a diversos sectores docentes, nos que se utilizan ferramentas metodolóxicas e técnicas propias do Teatro e o adestramento actoral.