A actriz e directora teatral Rosa Álvarez (Carballeda de Avia, 1950) é a persoa da profesión teatral elixida este ano pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) para concederlle o Premio de Honra Marisa Soto, galardón que recoñece a longa traxectoria desta pioneira do teatro profesional galego. O premio será entregado durante a gala dos XXII Premios María Casares, que se celebrará o vindeiro mércores 21 de marzo.
A directiva da AAAG, responsable de outorgar este galardón, recoñece así o labor de Rosa Álvarez ao longo dunha carreira profesional na que desempeñou principalmente os oficios de actriz e directora teatral. A Xunta Directiva, ademais, concédelle o Marisa Soto neste 2018, ano no que se cumpre o corenta aniversario das primeiras funcións profesionais do teatro galego. O noso teatro precisou, precisa e seguirá a precisar persoas como a nosa compañeira Rosa, quen sempre abriu camiños dende o seu papel de pioneira, dende o espertar en Ribadavia até a creación de compañías como Malbarate ou Lagarta Lagarta, pasando pola fundación da nosa propia Asociación, da que ostenta o número 1 de asociada , sinala a Xunta Directiva, que conclúe lembrando que o galardón deste ano conta cun significado especial, xa que Rosa creou Malbarate, unha compañía pioneira formada integramente con actrices xunto a Mabel Rivera e a propia Marisa Soto.
Traxectoria teatral
Rosa Álvarez iniciou a súa implicación co teatro nos anos setenta, converténdose nunha auténtica pioneira nas artes escénicas de Galicia. O seu labor en favor da escena iniciouse así nunha época na que todo estaba por inventar. Formou parte do grupo fundador que puxo en marcha primeiramente a Agrupación Cultural Abrente da que chegou a ser presidenta e, pouco despois, as primeiras Mostras de Teatro de Ribadavia. Ambos fitos son considerados, xunto ao teatro independente que agromou na Coruña a finais dos sesenta, como pasos imprescindibles para a fundación do teatro profesional en Galicia en 1978.
A súa pegada como pioneira non remata aquí, xa que tamén impulsou a creación da Sala Carral de Teatro de Vigo, da compañía Teatro do Malbarate ou da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), da que ostenta o número 1 de asociada e da que exerceu como presidenta entre 1994 e 1996. Participou nun gran número de montaxes de compañías privadas e do Centro Dramático Galego (CDG). Ademais, realizou abondosas incursións no audiovisual, tanto no formato televisivo coma no cinematográfico. No CDG, Álvarez ten participado nalgunhas das producións máis emblemáticas da entidade. Formou parte do elenco do Woyzeck dirixido por Xúlio Lago de 1984, montaxe fundacional da institución pública de teatro. A partir dese momento, converteuse nunha habitual nas obras desenvolvidas polo Centro.
No seu labor coas compañías privadas, Rosa Álvarez -ademais de traballar con formacións como Teatro do Atlántico, Teatro Artello, Redrum ou a xa citada Mabarate- fundou xunto a Ernesto Chao a compañía Lagarta Lagarta, na que traballou de actriz e directora. No cine participou en películas como Doentes (Gustavo Balza, 2010), Os mortos van ás présas (Ángel de la Cruz, 2005), De bares (Mario Iglesias, 2004), Heroína (Gerardo Herero, 2004), Trece Badaladas (Xabier Villaverde 2002) ou Entre Bateas (Jorge Coira, 2001).
A súa carreira foi distinguida con galardóns como o Premio Mestre Mateo á mellor actriz secundaria por De bares, o Premio á mellor actriz protagonista por La Buena Caligrafía nos festivais de Zaragoza, Pasaia (Ikiska-Xapón), Xerez ou Torrelavega. Nos María Casares, levou o premio á mellor actriz protagonista en dúas ocasións: por Fobias e por Compañía. Recibiu, ademais, o premio Maruxa Villanueva á traxectoria no ano 2003. Tamén recibiu o Premio Fetega en 2014 á mellor actriz por O país do pato Donald e o Premio Xociviga á traxectoria profesional.