O Premio de Honra Marisa Soto, que recoñece a dedicación de persoas ou entidades que impulsaron a dignidade e a profesionalización do sector escénico, foi na súa vixésima edición para a Revista Galega de Teatro. A Asociación de Actores de Actrices de Galicia (AAAG), que organiza este galardón, quixo asà pór en valor o traballo desta publicación nada en 1983 co nome de BoletÃn de Información Teatral da Escola Dramática Galega. Desde aquela, a revista converteuse nun referente fundamental na información sobre o sector no noso paÃs e conta xa con 84 entregas. Vicente Mohedano, presidente da AAAG, apuntou que "Este é un recoñecemento inescusable que tardamos en facer dende a Asociación e quixemos concederllo neste ano tan especial, no que celebramos a vixésima edición dos nosos premios". A entrega do premio realizarase o vindeiro 30 de marzo no marco da gala dos Premios MarÃa Casares.