O Premio de Honra Marisa Soto, co que a Asociación de Actores e Actrices recoñece cada ano o traballo a prol do sector escénico, foi neste 2023 para a xastra Cloti Vaello. A entidade, que fixo público o 7 de marzo o recoñecemento, valorou desta profesional o "ser referente e ser pioneira. E tamén por encarnar como poucas persoas no sector a evolución da nosa escena, dende o inicio da súa profesionalización en 1978 até os nosos dÃas". Segundo destaca a AAAG, a carreira de Vaello "medrou á par que a profesionalización do teatro en Galicia".
Coa intención de render homenaxe aos "oficios invisibles do teatro", este galardón quere "poñer en valor o esforzo fundamental desas profesións que, sendo imprescindibles para a escena, se desenvolven lonxe dos focos e sen o aplauso do público. Teatreiras como Cloti Vaello resultan fundamentais para o sector escénico, mais os seus rostros pasan desapercibidos para os espectadores".
Cunha carreira escénica que arrincou en 1979 da man de Roberto Vidal Bolaño e César Lombera, Vaello fixo parte do equipo de xastrerÃa da Aula de Teatro da Universidade de Santiago e do Centro Dramático Galego entre 1998 e 2008. Neste último posto realizou vestiarios en producións como Valle98 (1998), Se o vello Simbad volvese ás illas (1999), RosalÃa (2001), Daquel Abrente (2005), A piragua (2007) ou Noite de Reis (2008).
En paralelo traballou para as principais compañÃas do paÃs, como Matarile, TalÃa Teatro, Teatro do Nororeste, Sarabela ou Voadora ademais de diferentes propostas para o Centro Coreográfico Galego, a compañÃa Quique Peón ou series televisivas como As leis de Celavella ou Libro de familia. O seu labor foi recoñecido en 2010 cun Premio MarÃa Casares polo vestiario da obra Bicharada de Berrombambán.
Vaello recibirá o galardón na gala dos Premios MarÃa Casares, prevista para o vindeiro 30 de marzo na Coruña.